lunes, 21 de diciembre de 2009

Bo Nadal!!!!


Bo Nadal rapaces!!!!!! (incluidos os de 2º de bacharelato, no se me enfaden...). Vémonos de novo no 2010 para seguirvos contando un pouquiño mais de historia e moitas batallitas. Aqui tedes a miña "panxoliña", unha versión dun clasico dos oitenta, reinterpretada polo cantante dos Manic Street Preachers (cliqueade en Papa Noel que non me diexan poñer o video). Felices Festas a todos!!!!!!

lunes, 7 de diciembre de 2009

Esquema Unidade 3

Aqui tedes o esquema da Unidade3

Presentación Unidade 3

Xa tedes colgada a presentación da Unidade 3, é compatible con tódolos formatos de Powerpoint, ainda así se tedes algún problema deixádeme unha mensaxe que eu tentarei de solucionalo. Pola tarde-noite colgaré o esquema en Word. Pasadeo ben no resto da ponte

jueves, 3 de diciembre de 2009

Xogos

Non son eu un gran coñecedor de xogos para pc e consolas pero chamoume a atención este xogo que debe ter a Napoleón como protagonista. Se tedes coñecemento de xogos relacionados coa historia podíamos comentalos no blog, eu xa vos digo que pouco sei. Agardo os vosos grandes consellos

Exercicios interactivos

Aqui vos deixo uns exercicios para repasar a Revolución Francesa

miércoles, 2 de diciembre de 2009

A unificación de Italia

O outro día na clase vimos este video sobre a unificación de Italia. Xa sei que non se veía moi ben, agardo que agora o vexades mais claro.....

martes, 24 de noviembre de 2009

Musica e Historia

Son moitos os grupos musicais que nas suas cancións (letras ou videos) fan referencia a pasaxes da historia da humanidade. Un dos últimos en facer isto, foi o grupo inglés Coldplay na sua canción Viva la Vida!, empregando no seu video-musical o cadro " A liberdade guiando ao pobo". En breve traballaremos esta famosa imaxe e entenderemos a sua importancia na historia contemporánea

domingo, 22 de noviembre de 2009

Historia e cine

Son moitas películas que teñen a Napoleón nos seus guións. O gran último emperador europeo aparece en mais de 30 peliculas, dende o blanco e negro ate a cor. Aqui deixo algún exemplo, se queredes saber mais facede click


miércoles, 18 de noviembre de 2009

A guillotina!!!!


Falar de Revolución Francesa e rapidamente pensamos na guillotina; cantos pasaron por ela, monarcas, políticos, ideólogos..., e todos co mesmo resultado. Aqui tedes unha pequena e macabra historia da este curioso aparello (facede click sobre a imaxe).

A Revolución Francesa en imaxes Segunda Parte

A continuación do documental.......... e fin!!!!!!!!!!!!!!!






viernes, 13 de noviembre de 2009

A Revolución Francesa en imaxes primeira parte

Aqui tedes as seguintes partes do documental que comezamos a ver na clase. Se tedes tempo miradeos, son de gran utilidade e sobre todo moi útiles para poñerlle imaxes a todo o proceso revolucionario




martes, 10 de noviembre de 2009

As causas da Revolución Francesa

O outro día na clase empregamos estos videos para ver cales foran as causas que desencadearon a Revolución Francesa. Aquí os tedes e nos vindeiros días irei colgando a continuación..





lunes, 9 de noviembre de 2009

Un Xogo

Preparade ao voso gladiador para o combate, escollede ben as suas armas de ataque e defensa...

domingo, 8 de noviembre de 2009

Esquema Unidade 2

Xa podedes descargar o esquema da Primeira Revolución Industrial en formato Word.

Historia e Cine

Continuo con esta sección de historia e cine. Nesta ocasión toca o filme Germinal (baseada na obra de Zola) na sua última versión; en case tres horas de película podemos ver os inicios da Revolución Industrial en Francia e os comezo do movemento obreiro. É moi ilustrativa, tal vez un pouquiño longa de mais...

Actividades Interactivas sobre A I Revolución Industrial

Aquí tedes algunhas actividades interactivas sobre a Primeira Revolución Industrial. Poden ser moi útiles para repasar conceptos básicos da lección e para preparar o próximo exame....

miércoles, 21 de octubre de 2009

Presentación Unidade 2 "A Revolución Industrial"

Aqui tedes a presentación da Unidade 2 "A Revolución Industrial". O formato é compatible para Powerpoint 1997-2007. Supoño que a estas alturas sabemos como descargarla?????

domingo, 18 de octubre de 2009

Innovacións e aplicacións na I Revolución Industrial



Aqui vos deixos as animacións vistas na clase o outro día. Face click sobre elas



















































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































lunes, 12 de octubre de 2009

Un xogo

Non todo vai ser estudar nesta vida, aquí tedes un pequeno xogo on-line sobre a antiga Roma, está en inglés pero é bastante sinxelo. Facede dobre click sobre a imaxe e listo....

viernes, 9 de octubre de 2009

Actividades Interactivas sobre O Antigo Réxime

Buscando pola rede atopei unha serie de actividades interactivas que poden ser moi útiles para repasar os conceptos mais importantes da unidade 1. Pasadeo ben na ponte!!!!

domingo, 4 de octubre de 2009

Presentacións e Esquemas

Dende aqui podedes descargar a presentación de Powerpoint empregada na clase e tamén un esquema feito en formato Word. Sacádelle utilidade


Historia e Cine

Aquí vos deixo trailers e fragmentos de filmes que se desenvolven durante o Antigo Réxime ou a Guerra de Independencia Americana








sábado, 3 de octubre de 2009

Videos do Antigo Réxime

Aqui vos deixo os videos que vimos na clase estes últimos días; miradeos, pódenvos ser moi útiles para repasar a lección. O primeiro ofrécenos unha panorámica política, económica e social da Europa do Antigo Réxime. O segundo contén algúnhas das personaxes mais destacadas da ilustración e as suas citas mais célebres






Un novo Blog!!!!

Benvidos ao novo Blog de Historia Contemporánea para 1º de Bacharelato.Ao longo deste curso irei colgando as presentacións, imaxes, textos e videos empregados na clase; pouco a pouco e a modiño.....