Duas grandes películas para amosarnos a Segunda Revolución Industrial. A primeira " Tempos Modernos",o xenial Chaplin olla comica e satiracamente ao mundo da industria. A segunda "Metropole", en clave futurista Frizt Lang amósanos un paso mais aló a unha sociedade dirixida polo brazo da industria e o capital
Ao final acabarei dedicándolles un apartado no meu blog. De novo esta gran serie fai uso, en clave de humor, da historia, neste caso dun gran inventor vencellado á Segunda Revolución Industrial. Non podo subir o video asi cliqueade sobre a imaxe...
O outro día na clase algúns falaron sobre esta película cando estabamos comentando o tema da emigración e sobre a construcción dos EEUU. Aqui tedes a banda sonora do filme en cuestión
Despois dun longo período de vacacións, a modiño retomo o blog. Comezarei o novo ano do blog recurrindo a unha das mellores series da historia da televisión, esa coa que levades dando a murga o día de hoxe con que cumple vinte anos.... Este capitulo, baseado no libro Last exit to Brookling do que tamen hai película, con humor aproxímanos ao movemento obreiro. Alguén lémbrase do capítulo???
Bo Nadal rapaces!!!!!! (incluidos os de 2º de bacharelato, no se me enfaden...). Vémonos de novo no 2010 para seguirvos contando un pouquiño mais de historia e moitas batallitas. Aqui tedes a miña "panxoliña", unha versión dun clasico dos oitenta, reinterpretada polo cantante dos Manic Street Preachers(cliqueade en Papa Noel que non me diexan poñer o video). Felices Festas a todos!!!!!!